Galicia é a comunidade autónoma que máis aumentou o prezo da vivenda no mes de setembro: un 11 % máis que hai un ano | Observatorio de Vivenda

Galicia é a comunidade autónoma que máis aumentou o prezo da vivenda no mes de setembro: un 11 % máis que hai un ano

Galicia é a comunidade autónoma que máis aumentou o prezo da vivenda no mes de setembro: un 11 % máis que hai un ano

Os prezos da vivenda na comunidade galega encarecéronse un 11 % no mes de setembro respecto ao mesmo mes do ano pasado, situándose o prezo do metro cadrado en 1.077 euros de media. Segundo as cifras manexadas polo Centro de Información Estatística do Notariado (CEN), Galicia sitúase como a comunidade que maior incremento dos prezos rexistra do país. 

No conxunto español, o prezo do metro cadrado reduciuse un 0,9 %. Por autonomías, as tarifas experimentaron unha alza en 14 delas, incluíndo a Galicia (11 %): A Rioxa (9,8 %); Baleares (8,3 %); Castela e León (6,1 %); Castela-A-Mancha (5,7 %), por exemplo. No extremo contrario sitúase Navarra, cun descenso da tarifa do 20,8 %, o País Vasco, do 2,3 % e Asturias que reduce os prezos un 2,2 %.

En canto a número de compravendas, en Galicia ascenderon ás 2.057 vivendas, cun descenso do 9,8 %. Principalmente foron compras de pisos (1.511), pero foron un 3,3 % menos que o ano anterior, mentres que no caso das vivendas unifamiliares, estas reduciron o número de operacións un 24 % (546 vivendas). Ademais, coa escalada da inflación e os problemas para o acceso ao crédito, tamén se reduciu a cifra de préstamos hipotecarios un 20,5 %.

Fonte.- La Voz de Galicia