Galicia é unha das poucas comunidades onde aumentou o número de compravenda de vivenda en outubro segundo o Consejo General del Notariado | Observatorio de Vivenda

Galicia é unha das poucas comunidades onde aumentou o número de compravenda de vivenda en outubro segundo o Consejo General del Notariado

Galicia é unha das poucas comunidades onde aumentou o número de compravenda de vivenda en outubro segundo o Consejo General del Notariado

O total de operacións de compravenda de vivenda durante o mes de outubro en Galicia foi de 2.236 o que supón un crecemento do 0,7% de media con respecto ao 2021 (no conxunto do estado as operacións reducíronse nun 4,9%) sendo na súa maioría transaccións de pisos, un total de 1.546 (cunha baixada interanual do 1,4%) fronte as 690 vivendas unifamiliares vendidas (neste caso subiron un 5,5%).

En canto ao prezo dos inmobles na comunidade, segundo os datos do notariado, situáronse de media nos 1.024 euros o metro cadrado, crecendo un 11% interanual, moi por riba do 2,6% que foi a media nacional. No caso dos pisos o valor medio foi de 1.302 o metro cadrado (unha subida do 11,2%) polos 706 euros por metro cadrado das vivendas unifamiliares (subida con respecto a 2021 do 9,9%).

Fonte.- La Vanguardia