Galicia enfréntase a unha oferta mínima de pisos en alugueiro | Observatorio de Vivenda

Galicia enfréntase a unha oferta mínima de pisos en alugueiro

Galicia enfréntase a unha oferta mínima de pisos en alugueiro

A oferta de pisos en alugueiro en Galicia enfréntase a mínimos. Segundo a Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein), o ano 2020 iniciouse cunha oferta de 3.200 pisos en alugueiro dispoñibles ata chegar a cifra de 1.200 hoxe en día.

A presidenta da Federación asegura que a oferta pode retraerse máis debido a inseguridade xurídica e a preocupación ante posibles impagos da renda.

 

Fonte | Faro de Vigo