Galicia firmou case as mesmas hipotecas que antes da pandemia | Observatorio de Vivenda

Galicia firmou case as mesmas hipotecas que antes da pandemia

Galicia firmou case as mesmas hipotecas que antes da pandemia

Segundo informou o INE, Galicia rexistrou un total de 11.303 hipotecas sobre vivendas en 2020, que son apenas 53 menos; un -0,5 %, fronte ás 11.356 de 2019, cando en toda España o descenso alcanzou ol 7,6 %.

Pola súa parte, o capital prestado para estas operacións inmobiliarias alcanzou os 1.143 millóns de euros, e aquí sí se crece un 1,3 % interanual. Polo tanto, esto significa que se hipotecan menos vivendas, pero máis caras. Por entidade prestamista, a gran maioría das hipotecas formalizáronse en bancos e o resto noutras entidades.

Así, respecto ao último mes do ano, realizáronse 1.079 hipotecas sobre vivendas, o que significa un incremento interanual do 20 %, dos maiores do país, o que contrasta cunha caída media do 14,8 % en España.

Fonte | El Correo Gallego