Galicia foi a terceira autonomía coa mensualidade máis barata (562 €/mes), por detrás de Estremadura (440) e Castela-A Mancha (497) segundo o portal pisos.com | Observatorio de Vivenda

Galicia foi a terceira autonomía coa mensualidade máis barata (562 €/mes), por detrás de Estremadura (440) e Castela-A Mancha (497) segundo o portal pisos.com

Galicia foi a terceira autonomía coa mensualidade máis barata (562 €/mes), por detrás de Estremadura (440) e Castela-A Mancha (497) segundo o portal pisos.com

O piso tipo de alugueiro en Galicia rexistrou en xuño de 2018 unha superficie media de 107 metros cadrados e unha renda media de 562 euros mensuais, o que supuxo un ascenso semestral do 8,18%. Respecto de xuño de 2017, creceu un 12,13%.

Fronte a decembro de 2017, Lugo foi a terceira provincia española que máis subiu a renda (17,51%) . Interanualmente, Lugo (23,39%) foi a segunda na listaxe de maiores repuntes a nivel nacional, mentres que A Coruña (-3,02%) foi a quinta que máis descendeu de España. Con 475 euros de renda media mensual en xuño de 2018, Ourense foi a duodécima provincia española máis alcanzable. Pontevedra (590 €/mes) foi a máis cara da autonomía.

 

Fonte.- Economía