Galicia inicia o 2021 cun leve abaratamento nos prezos da vivenda en alugueiro | Observatorio de Vivenda

Galicia inicia o 2021 cun leve abaratamento nos prezos da vivenda en alugueiro

Galicia inicia o 2021 cun leve abaratamento nos prezos da vivenda en alugueiro

Galicia iniciou este ano 2021 cun leve abaratamento nos prezos da vivenda en alugueiro do 0,39 % en relación a xaneiro de 2020, tras rexistrar un descenso do 2,37 % fronte ao dato do pasado decembro.

Segundo os datos recollidos no portal inmobiliario Pisos.com, a finais de 2019, por unha residencia cuxa superficie media fose duns 107 metros cadrados, o alugueiro ascendía a 601 euros, mentres que o mes pasado esa cifra reduciuse ata os 587 euros. Con este rexistro, a galega sitúase como a terceira autonomía coas rendas mensuais máis baixas, só inferiores en Extremadura (458) e Castilla-La Mancha (538).

Así, o portal apunta que a vivenda en alugueiro arrancou 2021 en España con caídas e abaratouse en xaneiro máis do 1,8 % respecto ao mesmo período do ano anterior, un descenso que foi especialmente significativo en Canarias (10,1) e Madrid (9,5 %). 

Fonte | El Correo Gallego