Galicia lidera a caída do prezo da vivenda usada nos últimos cinco anos segundo o portal inmobiliario Fotocasa | Observatorio de Vivenda

Galicia lidera a caída do prezo da vivenda usada nos últimos cinco anos segundo o portal inmobiliario Fotocasa

Galicia lidera a caída do prezo da vivenda usada nos últimos cinco anos segundo o portal inmobiliario Fotocasa

Galicia foi a comunidade na que máis caiu o prezo da vivenda usada nos últimos cinco anos, cun descenso do 2,6% ao pasar dos 1.617 euros por metro cadrado aos 1.575. Se en xuño de 2015 os galegos debían pagar uns 129.300 euros de media pola compra dunha vivenda de 80 m2, ahora abonan 126.000, o que supón un aforro de algo máis de 3.000 euros.

A comunidade galega é unha das excepcións, xa que, en España, o prezo da vivenda de segunda man incrementouse un 15% no último quinquenio, ata os 1.874 euros por metro cadrado, segundo os datos do Índice Inmobiliario Fotocasa.

O estudo mostra que as comunidades nas que máis creceu o custo foron Baleares (48%), Madrid (37,3%), Canarias (36,6%), Cataluña (19%), Andalucía (16%) e Comunidade Valenciana (11%). Por debaixo do 5% situáronse Navarra (4%), La Rioja (3%), Castilla-La Mancha (3%), Aragón (2%) e País Vasco (0,4%). Polo contrario, houbo seis comunidades nas que cairon os prezos. Liderou a clasificación Galicia, seguida de Castela e León (-2,4%), Asturias (-2%), Extremadura (-1,7%), Cantabria (-1,2%) e Murcia (-0,8%).

Aínda que o prezo da vivenda usada caiu en Galicia nos últimos cinco anos, non ocurriu o mesmo co alugueiro. Segundo un informe publicado por Fotocasa, o custo do alugueiro subiu un 29% en Galicia, desde xuño de 2015 ata o mesmo mes deste ano, de forma que o prezo do metro cadrado pasou dos 5,48 euros de xuño de 2015 aos 7,09 de xuño de 2020.

Fonte | La Opinión Coruña