Galicia lidera o aumento dos propietarios que acumulan máis de 10 inmobles urbanos | Observatorio de Vivenda

Galicia lidera o aumento dos propietarios que acumulan máis de 10 inmobles urbanos

Galicia lidera o aumento dos propietarios que acumulan máis de 10 inmobles urbanos

O informe World Wealth Report sinala que o ano 2019 pechouse con 235.000 titulares de grandes fortunas en España, un 5% máis que o exercicio anterior. Neste contexto, en Galicia é onde a cifra de propietarios físicos ou xurídicos que teñen dez ou máis inmobles urbanos aumentaron con maior forza na última década: un 68,5%.

Os galegos que acumulan máis de 10 propiedades (vivendas, locais comerciais, solares, prazas de garaxe ou oficinas) incrementáronse en máis de 10.000 dende 2011, xa que fai unha década sumaban 14.673 e a finais do ano pasado eran 24.719, polo que o incremento roza o 70%, segundo os datos da Dirección Xeral do Catastro. 

O incremento de propiedades débese en parte a que compraron inmobles porque o seu prezo reduciuse coa crise e é un bo investimento, xa sexa para alugar ou para vender dentro duns anos. Outras das razóns polas que optaron por adquirir inmobles é o baixo interese que ofrecen os bancos polos depósitos a prazo fixo e por iso invisten no sector inmobiliario que aínda non recuperou os prezos de antes da crise.

Por outra parte, a evolución dos propietarios de inmobles urbanos en Galicia por provincias foi moi similar na última década: salvo en A Coruña, onde creceron por debaixo do 10%, nas outras tres superouse esa porcentaxe. Pontevedra é a que maior número de persoas que atesoran máis de dez posesións (7.001) ten, seguida de A Coruña (6.691), Ourense (5.643) e Lugo con 2.673.

Fonte | La Opinión Coruña