Galicia lidera o mercado das vivendas turísticas, tras as comunidades do Mediterráneo e Madrid | Observatorio de Vivenda

Galicia lidera o mercado das vivendas turísticas, tras as comunidades do Mediterráneo e Madrid

Galicia lidera o mercado das vivendas turísticas, tras as comunidades do Mediterráneo e Madrid

Aínda que o número de vivendas dedicadas a uso turístico caeu entre agosto e o pasado mes de febreiro, Galicia lidera o número deste tipo de inmobles, tras as comunidades do Mediterráneo e Madrid. Ningunha outra supera as 11.398 que posúe Galicia. Delas, 4.827 atópanse na provincia de Pontevedra; 4.536 na da Coruña, 1.443 na de Lugo e 592 na de Ourense.

A nivel nacional, a clasificación está liderada por Andalucía (61.574), seguida de Cataluña (54.646), Comunidade Valenciana (49.757), Baleares (27.703), Madrid (17.802) e Galicia (11.398), xa que entre as seis suman o 75% da oferta de vivendas turísticas que hai en España (294.698).

O número de prazas en Galicia anunciadas en plataformas dixitais en febreiro era 61.422 e unha media de 5,3 prazas por vivenda, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), mentres que a nivel nacional hai máis de 1,4 millóns de prazas e unha media de 5,1 prazas por inmoble.

Con estes datos, a porcentaxe de vivenda turística sobre o total de inmobles en Galicia é do 0,71%, mentres que a media nacional escala ata o 1,2%. 

Fonte | La Opinión Coruña