Galicia lidera o parque de vivendas vacías cun 18%, cinco puntos máis que a media nacional | Observatorio de Vivenda

Galicia lidera o parque de vivendas vacías cun 18%, cinco puntos máis que a media nacional

Galicia lidera o parque de vivendas vacías cun 18%, cinco puntos máis que a media nacional

Galicia é a comunidade coa maior porcentaxe de casas e pisos desocupados: case dous de cada dez non teñen morador. Son un total de 299.301 os inmobles vacíos na comunidade dos máis de 1,6 millóns de vivendas rexistradas no Catastro, o que supón un 18,6%, cinco puntos por encima da media nacional (13,7%). Así o recolle a Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein) nun informe no que se analilza o parque de vivendas vacías en cada concello e nas 53 comarcas da comunidade. Os municipios de Pontevedra son xunto cos de A Coruña os que presentan a taxa máis baixa de desuso, con apenas un 16% e un 18,5%, respectivamente.

En 62 concellos galegos -16 na provincia de A Coruña, 9 en Lugo, 33 en Ourense e 4 en Pontevedra- aporcentaxe de inmobles desocupados supera o 25% e cunha taxa de desuso por encima do 30% hai 19 concellos, entre os que se atopan Carnota, Cedeira, Malpica ou Camariñas.

No extremo oposto, 33 concellos con menos do 10% de pisos e casas vacíos: oito en A Coruña, outros oito en Lugo, seis en Ourense e os 11 restantes en Pontevedra.

Das catro provincias, Ourense concentra a porcentaxe maís alta de vivendas vacías non só de Galicia senón de toda España (22,7%, con case 56.000 dun parque de pouco máis de 246.000 inmobles), seguida de Lugo cun 20,1% (máis de 45.000 de algo máis de 224.000). E finalmente as provincias que concentran máis poboación: A Coruña, cun 18,5% de inmobles sen inquilino (pouco máis de 120.000 das cerca de 647.000 rexistradas) e Pontevedra, con apenas un 16% (máis de 78.000 de case 489.000).

Fonte | La Opinión Coruña