Galicia liderará o incremento da compra de vivendas este ano e o stock caerá a mínimos segundo Servihabitat Trends | Observatorio de Vivenda

Galicia liderará o incremento da compra de vivendas este ano e o stock caerá a mínimos segundo Servihabitat Trends

Galicia liderará o incremento da compra de vivendas este ano e o stock caerá a mínimos segundo Servihabitat Trends

Galicia convertirase este ano na comunidade que encabezará o incremento da compra de vivendas en España, mentres que o stock de inmobles sen vender reducirase a mínimos históricos segundo as conclusións do IX informe sobre o Mercado residencial en España que elabora Servihabitat Trends.

Así, os pronósticos avanzan que a compravenda de vivendas en Galicia repuntará un 38,9% durante este exercicio, a maior suba a nivel nacional, mentres que as vivendas iniciadas incrementaranse outro 38%, cuarto maior incremento de todas as comunidades. Pola súa parte, o stock de vivendas sen vender volverá a caer, e quedarase por pouco por encima das 20.000 unidades e xa será un terzo menos que fai cinco anos.

O ano pasado vendéronse en Galicia 14.907 vivendas, segundo o Instituto Nacional de Estatística, o que supón un descenso de case o 13% respecto ao exercicio anterior. A previsión para 2021 de Servihabitat é que o mercado inmobiliario galego se recupere e peche o exercicio con algo máis de 20.000 operacións, un 38,9% máis que o ano pasado.

Por último, de cara a este exercicio, Servihabitat estima que o stock caerá en Galicia un 0,9% ata case por debaixo da cifra das 20.000 (20.089). 

Fonte | La Opinión Coruña