Galicia non conta con oferta de minipisos para alugueiro | Observatorio de Vivenda

Galicia non conta con oferta de minipisos para alugueiro

Galicia non conta con oferta de minipisos para alugueiro

O mercado inmobiliario galego non se caracteriza por contar con estudos para alugueiro. Así o indican nun estudo publicado por Idealista, onde se destaca que Galicia, na súa oferta de case 3.600 pisos destinados ao alugueiro, tan só 18 dos mesmos contan con menos de 30 metros cadrados, un 0,5 por cento, e nunca por debaixo dos 20 metros cadrados. Esta modalidade de alugueiro, tan de moda en outras cidades de España, aínda que polémica pola dúbida sobre a habitabilidade nos mesmos, non cala nun mercado galego onde o 82 por cento dos pisos teñen máis de 60 metros cadrados.

Fonte.- El Correo Gallego