Galicia pechou 2022 cunha subida no prezo da vivenda de segunda man segundo Idealista | Observatorio de Vivenda

Galicia pechou 2022 cunha subida no prezo da vivenda de segunda man segundo Idealista

Galicia pechou 2022 cunha subida no prezo da  vivenda de segunda man segundo Idealista

A vivenda usada rexistrou en Galicia un valor medio de 1.355 euros o metro cadrado neste ano supoñendo unha subida do 0,8 interanual segundo os datos do portal Idealista fronte a subida do 5% en España que tivo un valor medio de 1.921 euros.

Por provincias, en Galicia a que rexistrou un valor máis alto no prezo de vivenda de segunda man foi Pontevedra con 1.606 euros por metro cadrado fronte a Lugo que foi a máis económica con 981€ mentres que houbo subida interanuais nas catro liderando Pontevedra cun l 1,7%, seguida de Ourense (1,3%), A Coruña (0,9%)  e Lugo (0,8%). Por cidades ,Pontevedra e A Coruña lideran as subidas cun 6,7% interanual en ambas sendo Vigo a que presenta o prezo máis alto con  2.081 euros.

Fonte.- Europa Press