Galicia posúe o 38% da oferta de castelos, pazos e mansións á venda en España: un total de 170 sobre os 438 nacionais | Observatorio de Vivenda

Galicia posúe o 38% da oferta de castelos, pazos e mansións á venda en España: un total de 170 sobre os 438 nacionais

Galicia posúe o 38% da oferta de castelos, pazos e mansións á venda en España: un total de 170 sobre os 438 nacionais

A oferta de castelos, pazos e mansións que se atopan en venda en Galicia convértena na comunidade autónoma coa maior dispoñibilidade de propiedades dese tipo. En total hai 170 castelos, pazos e mansións que buscan novo inquilino segundo o portal especializado nese tipo de construcións aldeasabandonadas.com. Estes 170 inmobles representan o 38% da oferta total de España, con 438 no territorio nacional.

As comunidades que seguen a Galicia na clasificación, de lonxe, son Estremadura (58 inmobles) e Cataluña (57). No cuarto posto atópanse Asturias, Castela e León e a zona de Levante (con 27 castelos, pazos e mansións en venda en cada unha destas áreas); en quinto lugar está Castila-A Mancha con 25.

O custo deste tipo de inmobles oscila entre os 230.000 dos máis alcanzables ata os case 5 millóns das fortalezas máis antigas, con máis Historia e con grandes extensións de leiras. No caso de Galicia, a propiedade máis cara é a situada na parroquia de Santiago de Ameixenda, na costa de Cee: o castelo do Príncipe, cuxo prezo é de 4,7 millóns.

Fonte.- Faro de Vigo