Galicia reclama ao Goberno que axilice os fondos europeos destinados a vivenda e simplifique a súa tramitación administrativa | Observatorio de Vivenda

Galicia reclama ao Goberno que axilice os fondos europeos destinados a vivenda e simplifique a súa tramitación administrativa

Galicia reclama ao Goberno que axilice os fondos europeos destinados a vivenda e simplifique a súa tramitación administrativa

Galicia reclamou ao Goberno central, na Conferencia sectorial de vivenda realizada de forma telemática, a máxima axilidade no reparto dos fondos europeos do Plan de recuperación e resiliencia reservados a vivenda e actuacións urbanas, así como unha simplificación dos trámites administrativos necesarios para poder xestionar e acceder a estes programas.

Neste sentido e ante a falta de concreción por parte do Goberno, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda indicou que Galicia calcula que lle correspondería un 5,8% dos fondos e, polo tanto, algo máis de 230 millóns de euros, sen contar cos incentivos fiscais aos que poderán acceder os beneficiarios das axudas.

Ademáis, defendeu que estes recursos europeos son unha oportunidade para mellorar o parque residencial, rehabilitalo e rexenerar as contornas urbanas, polo que unha vez máis insistiu na necesidade de que os trámites sexan áxiles e simples, para cumprir co obxectivo de que as axudas cheguen canto antes aos seus destinatarios.

Fonte | Xunta de Galicia