Galicia representou só o 3,4 % dos hipotecados durante os sete primeiros meses do ano en España | Observatorio de Vivenda

Galicia representou só o 3,4 % dos hipotecados durante os sete primeiros meses do ano en España

Galicia representou só o 3,4 % dos hipotecados durante os sete primeiros meses do ano en España

Segundo os datos do INE durante os sete primeiros meses do 2022 houbo en España 272.373 préstamos hipotecarios novos en España o que supón un crecemento do 14,78 % con respecto ao mesmo periodo do 2021.

Galicia supuxo un 3,4 % do total con 9260 préstamos, lonxe das 52.625 firmadas en Andalucía, 17,96 % do total, Madrid, con 46.497 (17,07 %) e Cataluña, con 47.955 (16,19 %), . Galicia tamén é das comunidades con menos hipotecas firmadas por 100.000 habitantes con 34 por cen mil.

Fonte.- La Voz de Galicia