Galicia superou en 2021 as 20.000 ventas de vivendas por primeira vez dende a crise de 2008 | Observatorio de Vivenda

Galicia superou en 2021 as 20.000 ventas de vivendas por primeira vez dende a crise de 2008

Galicia superou en 2021 as 20.000 ventas de vivendas por primeira vez dende a crise de 2008

En Galicia en 2021 superáronse as 20.000 compraventas de vivendas, un feito que non acaecía dende 2008, segundo o informe elaborado pola Federación Galega de Empreas Inmobiliarias (Fegein). O balance anual levado a cabo por Fegein cifra en máis de 3.000 millóns de euros o volume total das transaccións inmobiliarias rexistradas neste último ano, no que o precio promedio por metro cadrado rondou os 1.450 euros.

Aínda que se recuperou o número de transaccións previo a crise de 2008, o precio do metro cadrado é todavía moi inferior ao que había en 2007, cando o ano concluíu cun prezo medio por metro cadrado de 2.225 euros.

No que respecta a este ano, o sector inmobiliario vaticina un crecemento do 15% durante o exercicio para vivenda residencial. aínda que mira con recelo o impacto que podian ocasionar modificacións na normativa fiscal ou a subida dos costes de materiais e man de obra. Deste modo, estiman que os precios finais aumenten en torno ao 10% e sinalan como reto potenciar a rehabilitación ante o gran número de vivendas desocupadas, que suman 330.000 en Galicia.

Fonte | La Opinión