Galicia, terceira comunidade onde máis subiu o alugueiro | Observatorio de Vivenda

Galicia, terceira comunidade onde máis subiu o alugueiro

Galicia, terceira comunidade onde máis subiu o alugueiro

A recuperación da crise será simétrica, entre países, territorios e tamén entre mercados. Iso é que pode atisbarse no do alugueiro porque mentres a fuxida do turismo e o aumento da demanda residencial baixou os prezos en España (un 0,10 % respecto ao ano anterior e un 0,81 % no mes de novembro), o certo é que hay zonas onde as vivendas estanse a revalorizar. É o caso de Galicia, a terceira comunidade onde máis subiu o alugueiro neste último ano (un 5,24 %), segundo o portal pisos.com. Este impulso situou o alugueiro medio nos 610 euros mensuais.

A pesar da presión a alza, Galicia segue sendo a terceira rexión máis barata para vivir de alugueiro, por detrás de Extremadura (455 euros/mes) e Castilla-La Mancha (531 euros/mes). A media en España sitúase nos 985 euros para unha superficie de 108 metros cadrados. 

Así, esta tendencia vai en dirección oposta ás grandes capitais de provincia como Madrid, onde hoxe alugar unha vivenda costa un 13,5 % menos que en novembro do 2019.

Fonte | La Voz de Galicia