A Generalitat de Cataluña lanza o seu propio bono para o alugueiro destinado á mocidade | Observatorio de Vivenda

A Generalitat de Cataluña lanza o seu propio bono para o alugueiro destinado á mocidade

A Generalitat de Cataluña lanza o seu propio bono para o alugueiro destinado á mocidade

A mocidade catalana menor de 36 anos poderá optar, a partir do 28 de setembro e ata o 7 de outubro, ao bono para o alugueiro que lanza a Generalitat. A idea é dar cobertura a persoas que se quedaron fóra do bono do alugueiro estatal, segundo datos do Executivo autonómico foron 18.250 persoas fronte aos 9750 beneficiarios en Cataluña. Este bono, tal e como confirmou o Goberno catalán, irá en función da renda e tratará de axudar aos máis mozos a emanciparse, tan só o 18, 2 % da poboación menor de 36 anos vive fóra da casa segundo os datos da Consellería de Drets Socials.

A portavoz do Govern asegurou que esta axuda, a diferencia do bono ao alugueiro do Goberno de España, irá a axudar as persoas que o necesiten e non segundo a orde de peticións e terá un presuposto de 29 millóns de euros. As contías irán dende os 20 € mensuais a máis baixa ata os 250 euros tendo en conta a renda do solicitante, a taxa de esforzo, un 20 % do alugueiro anual se supón un 30 % do salario, un 30% cando ocupe entre un 30 e 40% do soldo e chegando ao 40% cando o esforzo anual sexa superior ao 40% dos ingresos, e o prezo do alugueiro da zona onde resida.

Fonte.- El Periódico