A Generalitat de Catalunya convoca axudas á rehabilitación de vivendas por case 100 millóns de euros | Observatorio de Vivenda

A Generalitat de Catalunya convoca axudas á rehabilitación de vivendas por case 100 millóns de euros

A Generalitat de Catalunya convoca axudas á rehabilitación de vivendas por case 100 millóns de euros

A Generalitat de Catalunya abriu o prazo para solicitar as axudas para a  rehabilitación de vivendas, a través da Axencia da Vivenda de Cataluña e estarán abertas ata o vindeiro 29 de decembro.

Esta convocatoria está dentro do Plan Barrios da Unión Europea e terá un orzamento de 97 millóns de euros e agarda chegar a 3.500 vivendas na súa primeira fase buscando a súa rehabilitación enerxética. Estas axudas poden ser solicitadas tanto por concellos coma comunidades de propietarios sempre que non estean dentro da área metropolitana de Barcelona, xa que esta zona conta con unha convocatoria propia.

Fonte.- Idealista