A Generalitat Valenciana destina máis de 30 millóns de euros as axudas á Rehabilitación 2020 | Observatorio de Vivenda

A Generalitat Valenciana destina máis de 30 millóns de euros as axudas á Rehabilitación 2020

A Generalitat Valenciana destina máis de 30 millóns de euros as axudas á Rehabilitación 2020

A Generalitat Valenciana destinará máis de 30 millóns de euros dos 41,5 que lle concedeu o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a execución dos distintos programas e axudas do Plan Estatal de Vivenda, á rehabilitación de edificios, reforma de interiores e mellora da accesibilidade no interior das vivendas, contempladas no Plan Renhata. 

Deste xeito, a Generalitat pretende impulsar o sector da rehabilitación enfocado á sostenibilidade e as enerxías renovables, adaptándose ao modelo europeo. Nesta liña, a principal novidade que introducen estas axudas á Rehabilitación 2020 é a introdución de criterios de sostenibilidade nas reformas no interior das vivendas. 

As axudas pódense solicitar telemáticamente dende o 15 de maio ata o 30 de xuño do 2020, aínda que esta última data pódese modificar en función das prolongacións do estados de alarma. 

 

Fonte | UGACOVI