Gran interese internacional polas vivendas na costa española segundo o Idealista | Observatorio de Vivenda

Gran interese internacional polas vivendas na costa española segundo o Idealista

Gran interese internacional polas vivendas na costa española segundo o Idealista

España continúa a ser un dos principais puntos de atracción dos cidadáns estranxeiros para adquirir unha vivenda na costa, xunto con Italia e Portugal, segundo afirma a fonte de información o Idealista.

Segundo os datos do segundo trimestre de 2021, o 11,3% do total das visitas do mercado de compravenda e alugueiro de vivendas na costa española proceden do estranxeiro.

Atópanse á cabeza das buscas Alemaña, con interese pola costa valenciana, Francia con maior predominio na costa catalá e Reino Unido, interesado en zonas coma Andalucía ou Murcia. E, tras estes tres países, destaca o interese que ten Estados Unidos ou Suíza pola costa do norte de España.

 

Fonte | Idealista