Grandes bancos deixan de ofertar hipotecas a tipo fixo no Reino Unido debido ás medidas do Goberno británico | Observatorio de Vivenda

Grandes bancos deixan de ofertar hipotecas a tipo fixo no Reino Unido debido ás medidas do Goberno británico

Grandes bancos deixan de ofertar hipotecas a tipo fixo no Reino Unido debido ás medidas do Goberno británico

O Goberno do Reino Unido anunciou o seu plan para intentar de frear a inflación , que entre outras medidas contempla, a maior rebaixa de impostos nos últimos cincuenta anos no país ou unha importante subida dos tipos de interese, o que está a provocar incerteza nos mercados, incluído no inmobiliario.

Os tipos de interese chegan xa no Reino Unido ao 2,25 % e anticipan os expertos que pode chegar ata o seis por cento, cando hai menos dun ano estaban no 0,1 , o que se traduciría nunha subida de cuotas a preto de 1,8 millóns de británicos. Como consecuencia desta subida de tipos, Lloyds, o principal proveedor de hipotecas no país, anunciou que comezaría a retirar os prestamos a tipo fixo do mercado mentres que Santander ou o HSBC  xa estudan cambiar este tipo de hipotecas por outros productos.

Fonte.- Idealista