As grandes cidades de España forzan baixadas nos alugueiros que se prolongarán en 2021 | Observatorio de Vivenda

As grandes cidades de España forzan baixadas nos alugueiros que se prolongarán en 2021

As grandes cidades de España forzan baixadas nos alugueiros que se prolongarán en 2021

Os últimos datos publicados por Idealista, Fotocasa e Pisos.com coinciden nunha cousa por primeira vez dende que comezou a pandemia: en novembro alugar unha casa en España foi máis barato que o mes anterior. As porcentaxes de caída oscilan entre o 0,8% e o 1,3%, pero o resultado é idéntico: alugueiros máis baixos.

Ademais das baixadas mensuais, novembro deixa outro hito. Un portal (Pisos.com) recolle unha caída interanual de prezos en toda España. Segundo esa fonte, a renda media foi un 0,10% máis baixa que doce meses antes. É a tendencia que venían marcando as cidades principais e por iso créese que continuará en 2021 e incluso no 2022.

Así, cos datos de novembro na man, todos os portais apuntan a unha intensificación das caídas. Os alugueiros levan un tempo abaratándose mes tras mes e iso fai que cada vez a diferenza co que se pagaba un ano antes sexa maior. Os descensos interanuais chegan ao 11,8% en Barcelona (Fotocasa) ou ao 13,5% en Madrid (Pisos.com). Entre as cidades españolas con máis de medio millón de habitantes, só Zaragoza parece resistir un pouco mellor, xa que os tres portais sitúan as caídas interanuais na capital aragonesa por debaixo do 2%.

As causas que o explican son múltiples: menos mobilidade, inquilinos afectados económicamente pola crise, menor número de estudantes estranxeiros nas universidades ou pisos que tardan máis en alugarse, entre outras.

Fonte | El País