Grandes fondos para as ARI de Santiago de Compostela | Observatorio de Vivenda

Grandes fondos para as ARI de Santiago de Compostela

Grandes fondos para as ARI de Santiago de Compostela

Das catro ARI existentes en Santiago de Compostela, tres delas recibirán os fondos previstos dun total de 1.379.866 euros do Plan Estatal de Vivenda para as Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) dentro do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural para os exercicios 2018-2021.

A ARI do casco histórico recibirá unha achega de 146.856 euros. En Pontepedriña, no grupo de vivendas Cardenal Quiroga Palacios, destinarase un total de 421.065 euros. Por último, a terceira zona é o barrio de Vite, onde se porá en marcha a cuarta fase de rehabilitación, cunha achega de 811.945 euros.

Estas melloras axudan a conseguir unha maior eficiencia enerxética nos inmobles e unha mellora da accesibilidade dos edificios. Tamén achega melloras no barrio, actualizando os espazos públicos e as vías de acceso existentes. 

 

 

Fonte | El Correo Gallego