A Guía de axudas para Rehabilitación Enerxética de edificios existentes promovidas pola Xunta de Galicia xa está dispoñible | Observatorio de Vivenda

A Guía de axudas para Rehabilitación Enerxética de edificios existentes promovidas pola Xunta de Galicia xa está dispoñible

A Guía de axudas para Rehabilitación Enerxética de edificios existentes promovidas pola Xunta de Galicia xa está dispoñible

Xa se atopa  dispoñible a guía con información sobre o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, para a anualidade 2021 e con carácter plurianual promovidas pola Xunta de Galicia, na que se presenta toda a información de interese para os posibles beneficiarios e os requisitos para optar a elas.

Así, estas axudas se poden solicitar para edificios de uso residencial de vivenda colectiva, vivendas unifamiliares e pisos e locais dentro dun edificio de vivenda colectiva, polo que os beneficiarios poden ser tanto os propietarios das vivendas ou edificios, como comunidades ou agrupacións de propietarios, deixando fóra a empresas e persoas xurídicas.

As axudas poden ser solicitadas ata o 31 de xullo de 2021.

Fonte | Guía de axudas para a rehabilitación enerxética de edificios existentes