As herdanzas alcanzan cifras récord con preto de 600 sucesións diarias en España | Observatorio de Vivenda

As herdanzas alcanzan cifras récord con preto de 600 sucesións diarias en España

As herdanzas alcanzan cifras récord con preto de 600 sucesións diarias en España

A pesar de que as compravendas e a firma de hipotecas están a verse reducidas, as herdanzas alcanzan un total de 107.073 de sucesións no primeiro semeste do 2023, a cifra máis alta da serie histórica que recolle o INE desde 2007. Isto supón un crecemento do número de vivendas herdadas un 3,7% respecto ao mesmo período de 2022 e un 2,5% máis que en 2021, onde se situaba ata o de agora o récord. De maneira máis xenérica, en menos dunha década incrementáronse un 50% as hererencias en España.

Por comunidades autónomas, Andalucía, Cataluña, a Comunidade Valenciana e Madrid recollen case o 60% do total nacional, con máis de 10.000 herdanzas acumuladas ata xuño en cada unha das comunidades. No lado oposto atópanse Cantabria, Baleares e a Rioxa, con menos de 2.000 transmisións de vivendas vía herdanzas no primeiro semestre do ano.

Fonte.- Idealista