As hipotecas asinadas baixan un 8,5% en marzo en Galicia, por debaixo do 18% estatal | Observatorio de Vivenda

As hipotecas asinadas baixan un 8,5% en marzo en Galicia, por debaixo do 18% estatal

As hipotecas asinadas baixan un 8,5% en marzo en Galicia, por debaixo do 18% estatal

En marzo os datos do INE amosan que Galicia rexistrou 1.060 sinaturas de hipotecas sobre vivendas, o que supón un 8,5% menos en comparación ao mesmo mes do ano anterior. Este descenso é menos acusado que o nacional, que descendeu un 18,1%. Neste mes, tan só dúas comunidades rexistraron datos positivos, Navarra, cun aumento do 21,4%, e Madrid, cun aumento do 1,5%. En Galicia prestáronse 123,4 millóns de euros para a constitución de hipotecas, o que se traduce nun 6,8% menos que no mesmo mes de 2023.

En España, o número de hipotecas constituídas sobre vivendas baixou un 18,1% en marzo respecto ao mesmo mes de 2023, ata sumar 29.653 préstamos, cun tipo de interese medio máis elevado que o do mes anterior. Concretamente, o tipo de interese medio para as hipotecas constituídas sobre vivendas alcanzou en marzo o 3,41%, fronte ao 3,33% de febreiro. Con excepción de xaneiro deste ano, mes no que se situou o 3,46%, o de marzo foi o interese máis elevado desde decembro de 2014. 

Co descenso interanual de marzo, a firma de hipotecas sobre vivendas volve a taxas negativas despois de subir en febreiro un 3,8% tras un ano de retrocesos. O importe medio das hipotecas constituídas sobre vivendas baixou un 3,5% interanual no terceiro mes do ano, ata os 137.169 euros, mentres que o capital prestado diminuíu un 20,9%, ata os 4.067,4 millóns de euros. 

Fonte.- El Ideal Gallego