As hipotecas aumentan un 41,2% no mes de xuño en España respecto ao ano anterior | Observatorio de Vivenda

As hipotecas aumentan un 41,2% no mes de xuño en España respecto ao ano anterior

As hipotecas aumentan un 41,2% no mes de xuño en España respecto ao ano anterior

Xuño continúa co aumento do número de hipotecas constituídas sobre vivendas en España, chegando a un aumento do 41,2% respecto ao mesmo mes de 2020, ata acadar os 37.961 préstamos, a cifra máis elevada desde antes da pandemia segundo datos do Instituto Nacional de Estadística (INE). 

O importe medio das hipotecas constituídas aumentou un 5,5% en xuño, ata os 140.456 euros, o maior dende febreiro de 2020.

As comunidades autónomas cun maior rexistro de hipotecas constituídas sobre vivendas no mes de xuño foron Andalucía, Madrid e Cataluña. O 38,8% das hipotecas foron a tipo fixo. 

 

 

Fonte | Observatorio de la Vivienda- El Español