As hipotecas crecen pero a compra de vivenda segue estancada en España | Observatorio de Vivenda

As hipotecas crecen pero a compra de vivenda segue estancada en España

As hipotecas crecen pero a compra de vivenda segue estancada en España

Segundo datos mostrados polo Centro de Información Estatística do Notariado, os préstamos para a compra de vivenda aumentaron en setembro un 10,2 por cento con respecto a setembro de 2018. En total 21.055 hipotecas novas foron concedidas para a adquisición dunha vivenda. Porén, dito dato non se está traducindo en un maior número de compravendas firmadas ante notarios. O último rexistro mostra un total de 42.538 vivendas as adquiridas en setembro, unha evolución do 0,0 por cento. Iso si, corta os catro meses consecutivos que levaba en taxa negativa.

Fonte.- El País