As hipotecas en Pontevedra caen un 38% en xuño, o maior descenso de Galicia | Observatorio de Vivenda

As hipotecas en Pontevedra caen un 38% en xuño, o maior descenso de Galicia

As hipotecas en Pontevedra caen un 38% en xuño, o maior descenso de Galicia

O mercado hipotecario foi un dos sectores máis afectados polo Covid-19, especialmente durante o primeiro mes de confinamento. Tanto Pontevedra como Galicia, nos meses de abril e maio, mostraba unha tendencia á alza que se esperaba manter. Pero os datos de xuño publicados polo INE quebran esta expectativa confirmando un descenso mensual do 19,8% a nivel autonómico e do 38,17% na provincia.

En Pontevedra pásase da firma de 427 hipotecas en maio a 264 no mes de xuño, o dato máis baixo desde setembro do ano anterior, o que a sitúa como a provincia galega co maior descenso, seguida de Ourense (-22,9%), Lugo (-19%) e A Coruña (-13%).

Unha predisposición similar é a que segue Galicia, que se atopa entre as oito comunidades autónomas que obtiveron unha evolución mensual negativa no seu número de firmas hipotecarias durante xuño. Cunha baixada do 19,8% colócase como a primeira a nivel peninsular e a escala nacional ocupa o cuarto posto da lista, encabezada por Ceuta (-68%), Canarias (-32,74%) e Melilla (-29,7%).

A pesar de que a diferenza interanual non foi tan alarmante, un -16,7% na comunidade e un -8,4% na provincia pontevedresa, as condicións non son as mesmas. 

Fonte | Diario de Pontevedra