As hipotecas encarécense e acadan máximos dende 2015 | Observatorio de Vivenda

As hipotecas encarécense e acadan máximos dende 2015

As hipotecas encarécense e acadan máximos dende 2015

A nova norma hipotecaria, aprobada en 2018, que cargaba nos bancos o Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, comeza a facer efecto no mercado do crédito inmobiliario. Apenas dous meses despois da entrada en vigor, o interese medio das novas hiptecas en Galicia sitúase no 2,61 por cento, o tipo máis alto dende 2015. Este incremento sucede a pesar da permanencia en terreo negativo do Euribor, medida pola que as entidades bancarias tratan de repercutir o maior custo aos clientes.

Fonte.- Faro de Vigo