As hipotecas sobre vivendas creceron en setembro un catro por cento con respecto a 2021 en España | Observatorio de Vivenda

As hipotecas sobre vivendas creceron en setembro un catro por cento con respecto a 2021 en España

As hipotecas sobre vivendas creceron en setembro un catro por cento con respecto a 2021 en España

Os préstamos hipotecarios para a compra de vivendas sumaron 44.119 en setembro,  o que supón unha subida do 4% con respecto ao mesmo mes do 2021 alcanzando así 19 meses consecutivos de subidas interanuais segundo os datos proporcionados polo Instituto Nacional de Estatística. O dato do total de prestamos hipotecarios sobre vivendas de setembro é inferior ao de agosto onde se rexistraron 53.000 firmas.

O valor medio dos préstamos foi de 143.222 euros o que supuxo unha baixada do 1,4% interanual mentres que o tipo de hipoteca máis solicitado foi a tipo fixo cun 68,2% do total  (o dato máis baixo dende decembro de 2021)  fronte ao 31,8 a tipo variable cun xuro medio do 2,47% e un prazo de 24 anos.

Fonte.- Europa Press