As horas de confinamento cambian as demandas do mercado de vivenda  | Observatorio de Vivenda

As horas de confinamento cambian as demandas do mercado de vivenda 

As horas de confinamento cambian as demandas do mercado de vivenda 

Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) o prototipo medio de vivenda familiar que predomina en Galicia son pisos de tres dormitorios, de entre 76 e 90 metros cadrados, o que significa que moitas familias están pasando o confinamento nesas condicións. Moitas familias galegas están aproveitando para buscar vivendas con mellores condicións. 

Tódalas axencias inmobiliarias coinciden en que terrazas, balcóns, xardíns e calqueira conexión co exterior son agora criterios prioritarios de búsqueda. Búscanse máis metros e máis zonas verdes e, por cuestión de prezo, esa demanda afástase dos centros urbanos. Ademáis, estanse demandando máis vivendas unifamiliares e fincas con licenzas para construir casas. 

Este comportamento estase a producir en tódalas provincias, aínda que a intensadida é variables dunhas a outras. En Galicia destacan os datos de A Coruña, onde en xaneiro as vivendas situadas no centro urbano supoñían o 37,1 % de toda a demanda inmobiliaria e, en catro semanas, descendeu ata o 23 %, mentras crece fora da cidade. 

 

Fonte | La Voz de Galicia