Ibiza, Donostia e Sitges coma as cidades máis caras para o alugueiro de pisos en España | Observatorio de Vivenda

Ibiza, Donostia e Sitges coma as cidades máis caras para o alugueiro de pisos en España

Ibiza, Donostia e Sitges coma as cidades máis caras para o alugueiro de pisos en España

A pandemia cambiou o mapa do alugueiro en España, provocando que as dúas grandes capitais españolas queden destronadas do podio das cidades máis caras para o alugueiro. Barcelona viu abaratados os seus prezos nun 13,62% dende xaneiro de 2020, segundo datos de Fotocasa, ata situarse no sétimo posto con 15,28 euros o metro cadrado. Por outra banda, os prezos en Madrid caeron nun 11,19%, quedando no oitavo posto con 14,76 euros o metro cadrado.

A caída destas dúas grandes cidades beneficiou a posición doutras na clasificación, coma por exemplo coa escalada de Castelldefels dende o sétimo ata o quinto posto, cunha subida dos prezos do 2,4%. 

Ibiza continúa ocupando o primeiro lugar, recollendo prezos de 17,62 euros o metro cadrado, seguido agora por San Sebastián con 16,1 euros o metro cadrado e Sitges con 15,90 euros o metro cadrado, cidades que viron encarecidos os seus prezos de alugueiro tras a chegada da pandemia. Este encarecemento dos prezos podería deberse ao aumento da demanda en zonas máis periféricas coma Sitges coa chegada do teletraballo.

 

Fonte | El Economista