Idealista recolle os tipos de axudas que se poden solicitar en 2023 para a compra dunha vivenda | Observatorio de Vivenda

Idealista recolle os tipos de axudas que se poden solicitar en 2023 para a compra dunha vivenda

Idealista recolle os tipos de axudas que se poden solicitar en 2023 para a compra dunha vivenda

Para paliar parte das limitacións á compra da vivenda a, especialmente, certos colectivos como mozos, persoas con nenos ou encargados de dependentes, persoas con recursos limitados, entre outros, existen distintos tipos de axudas para adquirir unha vivenda. Estas axudas baséanse en incentivos de tipo económico que se destinan a facilitar a compravenda de vivenda.

As axudas dispoñibles para este ano, 2023, poden ser axudas directas en forma de aval (como o novo aval do 20% da hipoteca para os mozos e familias numerosas); axudas directas en forma de rebaixas fiscais (redución da taxa impositiva do Imposto sobre Actos Xurídicos Documentados ou do Imposto de Transmisións Patrimoniais); e axudas para o pago da hipoteca (no caso de que se produza un incremento dos tipos de interese que dificulte o pago das cotas e poña en perigo a economía persoal ou familiar).

Fonte.- Idealista