A inflación no prezo dos alugueiros en Pontevedra supera o 73% na última década, segundo Fotocasa | Observatorio de Vivenda

A inflación no prezo dos alugueiros en Pontevedra supera o 73% na última década, segundo Fotocasa

A inflación no prezo dos alugueiros en Pontevedra supera o 73% na última década, segundo Fotocasa

O prezo medio dunha vivenda en alugueiro na cidade de Pontevedra é un 73,3% máis alto do que se pagaba en 2014, e un 12,2% máis alto do que se pagaba hai tan só un ano. Este nivel de inflación non é un dos máis altos do país, no que destacan Estepona, cun incremento do 190%, o 185% en Gandía, o 155% en Mallorca, o 150% en Valencia, o 138% en Benidorm ou o 106% que se anotou Barcelona. Estes datos resultan do último informe publicado por Fotocasa. 

En Galicia, o dato de Pontevedra corresponde ao segundo máis alto da comunidade, onde foi superada polo 81,2% de A Coruña. En relación ás grandes cidades, en Lugo, os pisos en alugueiro son hoxe un 68,1% máis caros que en 2014, e en Ourense págase agora un 58,4% máis,e na cidade olívica se aluga agora unha vivenda un 66,3% por encima dos prezos de fai dez anos. 

Por unha vivenda de 80 metros cadrados, en Pontevedra págase agora mesmo unha media de 718 euros, mentres que en abril de 2014 os prezos estándar eran de 415 euros. Fai dez anos alugábase un piso das mesmas características en A Coruña por 469€ e hoxe custan 850. En Ferrol pasouse de 351 euros a 563, en Lugo de 350 a 588, en Santiago de 462 a 747, en Ourense de 356 a 565 e en Vigo de 489 a 813. O récord de prezo continúa en Sanxenxo, onde arrendar unha vivenda de 80 metros cadrados custa 1.210€. 
 

Fonte.- Diario de Pontevedra