A inflación pode frear o número de compradores de vivenda o vindeiro ano | Observatorio de Vivenda

A inflación pode frear o número de compradores de vivenda o vindeiro ano

A inflación pode frear o número de compradores de vivenda o vindeiro ano

O portal Idealista considera que non parece factible que o BCE suba tipos neste ano, debido ao altísimo nivel de débeda dos países europeos, e posiblemente vaia a remolque do mercado. "Aínda así, un escenario de subida de tipos ao 1% ou 2% non suporía un impacto significativo nos cidadáns", engaden.

Para o vindeiro ano, prevén "un escenario de estabilización nos niveis actuais, sen crecementos de dobre díxito na maioría dos indicadores tal e como ocorreu este ano, e con subidas dos prezos por baixo do IPC".

Polo que respecta ás compravendas, manteranse por encima das 550.000 unidades anuais. Tamén, é posible que as hipotecas sufran un estancamento, ou unha lixeira caída. "A estabilización das compravendas podería permitir unha taxa de substitución na segunda man que reduza as tensións actuais e manteña os prezos durante os próximos trimestres", indican.

O portal sinala que, neste 2021, produciuse un "patrón eufórico" no mercado inmobiliario. Ahí están os datos do INE: subidas de até o 40% nas compravendas (superando niveis prepandemia) e crecementos interanuais por encima do 60% nas hipotecas.

Ademais, Idealista lembrou que un importante volume de familias cámbiase de entidade para aproveitarse dos tipos historicamente baixos que hai actualmente no mercado. "A pesar da guerra de prezos, os bancos non modificaron substancialmente os criterios de risco, e o cociente de esforzo das novas hipotecas mantense por baixo do 35%". Iso si, non cren que estes datos correspondan a un sobrecalentamiento senón que se sitúan nos valores razoables que alcanzasen de non ter lugar a pandemia".

Respecto o stock inmobiliario, dende Idealista puxeron de exemplo os distintos escenarios que viven Madrid e Barcelona para evidenciar as diferenzas. Mentres que en Madrid a oferta que atopa en Idealista unha persoa que busca comprar vivenda en decembro de 2021 é un 14% inferior á que había fai un ano, na cidade de Barcelona atopa un 3% máis.

Fonte | El Español