Iníciase unha nova fase de rehabilitación de vivendas en Vigo que mobiliza 1,6 millóns | Observatorio de Vivenda

Iníciase unha nova fase de rehabilitación de vivendas en Vigo que mobiliza 1,6 millóns

Iníciase unha nova fase de rehabilitación de vivendas en Vigo que mobiliza 1,6 millóns

O Concello de Pontevedra iniciou unha nova fase de actuacións nas súas dúas ARIs (Área de Rehabilitación Integral de Vivendas). Estes son o de Estribela, que acada adécima fase dende a súa creación no 2007, e o do centro histórico, declarado como zona de actuación en 2012 e que chega á súa quinta etapa de axudas e subvencións. Pero, aínda non se abriu o prazo para presentar os proxectos e solicitar as subvencións.

O goberno local asinou hai uns días conxuntamente con outros municipios galegos, o convenio co Goberno central e a Xunta, que establece a mobilización de preto de dous millóns de euros, entre investimentos públicos e privados. Deses fondos, 1,6 millóns resérvanse para actuar en 80 vivendas: 55 delas no centro histórico, cun orzamento previsto de 1,6 millóns, e outras 25 en Estribela que conta con 120.000 euros.

Do orzamento total, a Xunta aporta uns 132.000 euros e o Goberno central destina algo máis de 560.000 euros, aínda que neses fondos inclúense tamén as denominadas "obras de reurbanización", co fin de mellorar o espazo público, especialmente rúas ou prazas. En Estribela destínanse para este fin 32.00 euros e hai 240.000 máis para o centro histórico, onde se actuará no lateral da Casa Consistorial e en Pasantería.

Deste xeito, os propietarios das vivendas que optan ás subvencións cubren polo menos a metade dos gastos, e poden optar a axudas que oscilan, de media, entre os 2.700 e os 11.400 euros, en función das actuacións que leven a cabo, que poden ir dende unha rehabilitación integral a simples melloras de accesibilidade ou de eficiencia enerxética.

Fonte | Faro de Vigo