A inmobiliaria Haya Real Estate pon á venda con descontos máis de 2.500 inmobles | Observatorio de Vivenda

A inmobiliaria Haya Real Estate pon á venda con descontos máis de 2.500 inmobles

A inmobiliaria Haya Real Estate pon á venda con descontos máis de 2.500 inmobles

Haya Real Estate lanzou ao mercado unha selección de máis de 2.500 inmobles con descontos de ata o 35%. A oferta inmobiliaria inclúe unha selección de máis de 150 locais comerciais que ata hai pouco eran oficinas bancarias e cuxos prezos foron revisados recentemente.

Os inmobles sitúanse principalmente nas capitais de provincia, cidades dormitorio e pequenas poboacións. A oferta comercial de inmobles residenciais manterá a rebaixa en prezos ata o próximo 16 de febreiro. A maior parte das vivendas concéntrase na Comunidade Valenciana, con 545 inmobles ofertados.

Fonte | El Economista