A inmobiliaria Lifesize Plans dispón dun método innovador que permite proxectar os planos das vivendas a escala real | Observatorio de Vivenda

A inmobiliaria Lifesize Plans dispón dun método innovador que permite proxectar os planos das vivendas a escala real

A inmobiliaria Lifesize Plans dispón dun método innovador que permite proxectar os planos das vivendas a escala real

Lifesize Plans, unha inmobiliaria australiana situada en Sidney, emprega un método innovador mediante o cal permiten proxectar os planos da futura vivenda dos clientes a escala 1:1 dentro dun gran almacén. Desta forma permiten que o cliente vexa se o tamaño, a distribución, o fluxo e funcionalidade da construción.

Tamén realizan proxectos comerciais para facilitar o deseño de hospitais, supermercados, aeroportos, centros comerciais ou colexios. Ademais tamén alugan as súas instalacións para eventos como presentacións de novos produtos, seminarios, eventos de networking ou presentacións.

Todo isto débese á súa tecnoloxía de proxección integrada que permite mostrar o proxecto completo, incluíndo todas as seccións da vivenda como o xardín, pisos superiores e inferiores, zonas comúns e moito máis, a escala real. Ademais permiten a incorporación de elementos reais que os clientes poden mover ao seu gusto polo espazo proxectado.

Fonte.- N-Economía