A inmobiliaria Tag Immobilen alerta de caídas do 30% no prezo da vivenda en Alemania | Observatorio de Vivenda

A inmobiliaria Tag Immobilen alerta de caídas do 30% no prezo da vivenda en Alemania

A inmobiliaria Tag Immobilen alerta de caídas do 30% no prezo da vivenda en Alemania

A crise do mercado inmobiliario en Alemania continua e as expectativas empeoran. Segundo os últimos datos publicados pola oficina estatística Destatis, no terceiro trimestre de 2023 indicábanse caídas do 10% nos prezos. 

As previsións dunha das primeiras empresas do sector inmobiliario no país, Tag Immobilen, de cara a 2024 son aínda peores; alertan dun descenso no prezo da vivenda dun 30%. A estimación inicial para 2024, en xuño de 2023, era un descenso do 20%, polo que a previsión empeorou un 10%. 

Segundo recolle a patronal do sector inmobiliario ZIA, o mercado da vivenda alemán está valorado en 670.000 millóns de euros, e é un dos principais pilares da economia xermana. En concreto, as súas 800.000 empresas e ao redor de 3,5 millóns de empregados supón que xera un de cada 10 empregos e case un quinto da produción do país.

Fonte.- El Pais