Irlanda esixe solucións de vivenda para os seus "novos adultos" | Observatorio de Vivenda

Irlanda esixe solucións de vivenda para os seus "novos adultos"

Irlanda esixe solucións de vivenda para os seus "novos adultos"

Irlanda celebrará este ano eleccións xerais, polo que é tempo para os políticos de propoñer solucións para os problemas dos cidadáns. Os derradeiros datos sobre emancipación do colectivo que comprende as idades de 25 a 29 anos mostran evolución negativa para o país. No 2007 o porcentaxe de "novos adultos" que vivía aínda cos seus pais era do 36 %, logo no 2017 incrementouse en máis de 10 puntos acadando o 47.2 %. En termos europeos, o porcentaxe é moi alto, e crece tamén a maior ritmo (no promedio da UE esta porcentaxe creceu soamente un 2 %).

Dende a oposición defenden políticas que invistan na construción de vivendas accesibles na capital e nos arredores de Dublín.

Fonte| Irish Mirror