ISO publica novas normas para mellorar a seguridade, sustentabilidade e accesibilidade dos edificios | Observatorio de Vivenda

ISO publica novas normas para mellorar a seguridade, sustentabilidade e accesibilidade dos edificios

ISO publica novas normas para mellorar a seguridade, sustentabilidade e accesibilidade dos edificios

Co fin de garantir que os edificios sexan seguros, accesibles e respectuosos co medio ambiente, a ISO acaba de publicar novas normas ISO para conseguir este obxectivo.

A primeira delas, a norma ISO 23234 Edificios e obras de enxeñaría civil - Seguridade - Planificación das medidas de seguridade na contorna construída, describe os métodos e rutinas que deben aplicarse nas distintas fases dun proxecto de construción ou obra civil, co fin de que o edificio sexa funcional, agradable e seguro, mentres que outras das normas publicadas, como a ISO 7708, Calidade do aire - Definicións de fraccións de tamaño de partículas para a mostraxe relacionada coa saúde, a ISO 13138, Calidade do aire - Convencións de mostraxe para a deposición de partículas no aire no sistema respiratorio humano, e a serie de normas ISO 16000 para o aire interior, que tamén inclúe sistemas de xestión da calidade, pretenden asegurar unha correcta calidade do aire nos mesmos.

En canto a sustentabilidade, a ISO 52127, Rendemento enerxético dos edificios - Sistema de xestión de edificios (partes 1 e 2), proporciona unha metodoloxía común para establecer e manter o rendemento enerxético dos edificios (EPB) e en canto a accesibilidade, a ISO 21542, Construción de edificios - Accesibilidade e usabilidade da contorna construída, especifica unha serie de requisitos e recomendacións para moitos dos elementos da construción relacionados co acceso aos edificios para conseguir mellorar a calidade de vida de todos.

Fonte | ISO