Lalín, quinto concello de Pontevedra con máis vivendas vendidas no 2020 | Observatorio de Vivenda

Lalín, quinto concello de Pontevedra con máis vivendas vendidas no 2020

Lalín, quinto concello de Pontevedra con máis vivendas vendidas no 2020

O mercado inmobiliario continúa con boas cifras en Lalín, tanto dentro dos límites territoriais de Deza e Tabeirós-Montes, como a nivel provincial, situándose como quinto concello pontevedrés con máis vivendas vendidas no 2020, por detrás de Vigo, Pontevedra, Vilagarcía e Sanxenxo.

No 2020 comercializáronse un total de 225 fogares na capital dezana, o que supón máis da metade dos 413 do conxunto de nove municipios da zona. Despois das 225 transaccións de Lalín, A Estrada é o segundo concello das comarcas con máis operacións. 

Case a totalidade das transaccións producíronse en vivendas de segunda man e representan o 92% do total.

 

 

Fonte | Faro de Vigo