A Lei de Vivenda volve ao Congreso para tentar o seu desbloqueo | Observatorio de Vivenda

A Lei de Vivenda volve ao Congreso para tentar o seu desbloqueo

A Lei de Vivenda volve ao Congreso para tentar o seu desbloqueo

A Lei de Vivenda bloqueada dende a súa aprobación no Consello de Ministros o ano pasado debido ás enmendas  presentadas e discrepancias entre os socios de goberno volverá a ser debatida no Congreso nunha reunión a porta pechada para intentar chegar a acordos para a aprobación.

Entre as discrepancias dos socios de goberno están a posible perda de competencias das comunidades, a cuestión dos grandes posuidores de vivenda, no primeiro texto estaba cifrado en 10 pero Unidas Podemos quere baixalo a 5, a supresión da descalificación das Vivendas Protexidas ou a definición do mercado tensionado.

Fonte.- Europa Press