As licencias de obras maiores creceron en Vilagarcía un 12 % durante o 2020 a pesar da crise da covid-19 | Observatorio de Vivenda

As licencias de obras maiores creceron en Vilagarcía un 12 % durante o 2020 a pesar da crise da covid-19

As licencias de obras maiores creceron en Vilagarcía un 12 % durante o 2020 a pesar da crise da covid-19

A pesar de que no Concello de Vilagarcía a crise do coronavirus provocou un descenso na actividade xeral deste servizo, os últimos datos deixan entrever unha recuperación do sector da construcción. Así, mentres o número de expedientes de licencias tramitados polo organismo municipal sufriu un descenso do 20 % con respecto ao ano anterior, os de obras maiores incrementáronse nun 12 %, ao concederse un total de 131 licencias fronte ás 117 do 2019.

Así, no conxunto das licencias que se tramitan dende Urbanismo, as máis importantes en volume son as de construcción, apartado que engloba os permisos de obras maiores e menores. Destas se tramitaron o pasado ano un total de 657, o que supón un 16 % menos que en 2019.

Deste descenso líbranse as licencias de obras maiores, que creceron un 12 %. Aquí se inclúen as actuacións de maior envergadura e complexidade técnica, como os edificios de nova construcción -dende bloques de pisos a vivendas unifamiliares-, así como traballos de rehabilitación, construcción de muros de contención ou acondicionamento de locais. As licencias de obra menor, pola súa parte, descenderon un 21 % con respecto ao exercicio anterior.

Fonte | La Voz de Galicia