As licenzas de obra na área coruñesa caeron un 71% nos últimos 20 anos | Observatorio de Vivenda

As licenzas de obra na área coruñesa caeron un 71% nos últimos 20 anos

As licenzas de obra na área coruñesa caeron un 71% nos últimos 20 anos

Nos últimos 20 anos, na área metropolitana coruñesa, o interese por crear ou reformar vivendas e edificios decaeu, sobre todo a partir da crise económica que marcou o ano 2008. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) nos últimos vinte anos, a concesión de licenzas para a construción de edificios ou a súa rehabilitación caeu un 71,44%.

Así, das 998 licenzas coas que se pechou 2000, a área pasou a certificar tan só 288 en 2019, unha intensa caída que é xeneralizada en todos os municipios, fóra dos de Betanzos, Coirós e Aranga, onde os números case conseguen manterse cunha caída do 4,76% (de 42 a 40), o 10% (de 10 a 9) e do 20% (de 10 a 8), respectivamente.

En canto aos concellos con máis poboación, a maior caída é a que sofre Cambre, cunha redución do 82,68% (de 127 a 22), mentres que en Arteixo caeron un 78,57% (de 126 a 27), en Culleredo reducíronse de 108 a 24 (77,78%) e Oleiros consegue "salvar" máis a construción cunha rebaixa do 32,39% (de 142 a 96).

Fonte | El Ideal Gallego