As licenzas para realizar obras de vivenda nova mantéñense con respecto ao 2021 | Observatorio de Vivenda

As licenzas para realizar obras de vivenda nova mantéñense con respecto ao 2021

As licenzas para realizar obras de vivenda nova mantéñense con respecto ao 2021

O Ministerio de Transportes e Axenda Urbana contabilizaron entre os meses de xaneiro e agosto 67.470 licenzas para realizar obras de vivenda nova o que supón un estancamento con respecto aos mesmos meses de 2021 onde se contabilizaron 67.304 supoñendo así un crecemento únicamente do 0,24 %.

En canto o tipo de vivenda a construir, as vivendas familiares, con 17.131 visados durante os oito primeiros meses de 2022, apenas creceron un 0,06 con respecto ao mesmo periodo do ano pasado mentres que foron 50.301 as novas obras de vivendas en bloque, crecendo un 0,41 %. O tipo de vivenda que sufriu unha importante caída en comparación a 2021 son as que non entran en ningunha categoría das anteriores, estas contaron con 38 licenzas decrecendo nun 57,5 %.

Fonte.- Idealista