Liderazgo de Vigo no réxime dos alugueiros | Observatorio de Vivenda

Liderazgo de Vigo no réxime dos alugueiros

Liderazgo de Vigo no réxime dos alugueiros

Vigo é unha das tres grandes cidades galegas nas que non se viu reducida a oferta do alugueiro en 2021, sendo a cidade que máis vivendas ten en alugueiro en toda a comunidade autónoma, duplicando a oferta de alugueiros en once anos.

Do total de 172.000 arrendamentos en Galicia, Vigo supón o 19,1% cun total de 32.850 arrendamentos no municipio. Dende o 2010 pasou de ter 18.000 vivendas en alugueiro a 32.850, sendo o segundo maior incremento en toda Galicia, so superado pola urbe de A Coruña e situando á provincia de Pontevedra nunha das maiores subidas de inmobles en arrendamento na comunidade nos últimos once anos, cun 57,3% máis que no 2010.

Segundo un informe da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein) a cifra dos alugueiros podería estar a contraerse, pero esta caída non é xeneralizada, continuando o aumento da mesma en cidades coma Vigo ou Ourense nos últimos oito meses.

 

Fonte | Atlántico